A CUT denuncia a actuación de embargo total de EEUU a Venezuela

282
Diante do anuncio feito pola Administración Trump de cara á aplicación do embargo total a Venezuela, desde a CUT queremos denunciar semellante feito criminal patrocinado polo imperialismo americano.
Esta medida conculca os máis elementais principios do Dereito Internacional, atentando de maneira groseira e xenocida ao pobo venezolano e ao seu lexítimo dereito a súa soberanía política e económica.
A declaración do embargo pon ao decuberto o fracaso das políticas de inxerencia total practicadas desde fai vinte anos contra a Revolución Bolivariana, que van desde agresións económicas e financieiras, a manipulación mediática permanente, ata o respaldo a diversos golpes de estado e a ameaza de intervención militar.
A constatación do fracaso das receitas aplicadas ata o momento, fan que o imperialismo decida doblegar a vontade maioritaria das venezolanas e venezolanos pola vía da fame.
Dito embargo ao pobo Venezolano tamén ten unha clara intencionalidade de boicotear o diálogo político aberto na actualidade en Barbados antre o Goberno Venezolano e a oposición, negociacións auspiciadas e respaldadas polo Goberno de Noruega.
A CUT condena esta escalada agresiva imperialista e apoiamos a inciativa de diálogo levada á cabo polo Goberno de Nicolás Maduro, tendo claro que a solución á “crise” da nación latinoamericana so pode vir da man da vontade das venezolanas e venezolanos.
Desde CUT seguiremos fieis aos principios da Revolución Bolivariana e o seu exemplo para os pobos do Mundo, e trasladamos a nosa máis firme solidariedade ao Goberno de Nicolás Maduro Moros así como ao pobo de Venezuela.