Dende o vindeiro martes 21 de febreiro os compañeiros e compañeiras de FRIGODIS E FRIVIPESCA do GRUPO PESCANOVA, comenzan unha folga indefinida ante a política escravista que quere impoñer a empresa. Se non lle chegaba con aplicar a suba salarial en función dunha produtividade controlada só por eles, por medio dun rerendo fraudulento coa complicidade do sindicalismo amarelo de CCOO, USO e UGT, agora sáltanse a representatividade dos traballadores e aplican un convenio extraestatutario de eficacia limitada saltándose a vontade dos traballadores e a súa representatividade lexítima, grazas desta vez a CCOO. Todo un listado de méritos o deste sindicalismo.Onte mércores comezaron as concentracións diante das factorías de Chapela e de Porriño durante os cambios de turno ás 14:45 h.. Facemos un chamamento á clase traballadora a que se sume ás mobilizacións que son pola nosa dignidade, a de todos e todas nós.