Os vindeiros 14 e 15 de maio celebrarase en Cangas a Comisión Preparatoria do Congreso da Muller en Europa da Federación Sindical Mundial (FSM), convocado pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT).Nesta Comisión, na que participa o Secretario Rexional Europeo da FSM, Cleanthis Cleanthous, estarán presentes 8 delegacións de diferentes nacións de Europa convidadas pola CUT. O calendario de actos será o seguinte: Xoves, 14 de maio: ás 17:00h visita guiada polo Morrazo, ás 20:00h recepción no concello de Cangas presidido pola alcaldesa Clara Millán, a responsable da muller da CUT Ana Olveira, e o Secretario Rexional Europeo da FSM, Cleanthis Cleanthous.Venres, 15 de maio: xornadas de debate en Don Hotel en Cangas. Comezaran ás 8:30h e remataran ás 19:00h.