A candidatura da CUT volveu obter un apoio amplo das traballadoras nas eleccións sindicais de UNVI, empresa de automoción de Ourense, onde contaba con 4 representantes mentres a UXT tiña 5 delegadas electas.
A estas eleccións sumouse a candidatura da CIG, quedando a representatividade do seguinte xeito:
CUT: 36 votos. 3 representantes.
CIG: 47 votos. 4 representantes.
UXT: 16 votos. 2 representantes.
Dende a Central Unitaria de Traballadoras entendemos estes resultados como unha nova mostra de apoio ao noso proxecto e ás nosas candidatas, e asumimos de novo o reto de seguir traballando na conquista de dereitos con folgos renovados.
Grazas ás que compañeiras que nos votaron e, por suposto, ás que participaron na candidatura da CUT.