Hai catro anos presentabamos, por vez primeira, candidatura no Concello de Vigo, tanto en laborais coma funcionarios. A lista de laborais caeu polas manobras antisindicais dalgúns e -aínda que máis tarde o xulgado do Social e o TSXG validaron a nosa candidatura e ordenaban a repetición do proceso- decidimos non executar a sentenza. Pola contra non foron quen de tombar a nosa candidatura en funcionarios e conseguimos entrar cun delegado.
Nestes catro anos, o traballo da nosa representación sindical foi descomunal a pesar das dificultades que atopamos. Tanto é así que obrigou a mudar a dinámica do sindicalismo no Concello, facendo ver que tamén a combatividade tén cabida na función pública, e máis nun contexto no que os servizos públicos son adelgazados e privatizados progresivamente. Esta forma de traballar deu pe á chegada das compañeiras de Benestar Social ao noso sindicato, rematando co “monopolio” dos bombeiros na nosa lista, e a chegada delas traerá novos departamentos porque o traballo honesto na defensa da clase traballadora será aínda máis recoñecido.
Nas eleccións de onte medramos en votos e en representación, pasando de unha persoa delegada a dúas, significando isto un aumento da representación legal directa e da indirecta mediante as persoas que accederán a delegadas sindicais. A composición do Comité queda do seguinte xeito:
– CSIF 7
– UGT 5
– CIG 3
– CCOO2
– CASIPOL 2
– CUT 2
Seguimos facendo sindicalismo, seguimos a medrar.