Nos últimos catro anos a CUT tivo dous delegados no comité de empresa, representación do persoal laboral. Pero na Mesa Xeral estivemos absolutamente vetados, sen rastro da nosa presenza nas actas e sen posibilidade de voto.
Aínda así fixémonos oír e incluso os demais sindicatos tiveron que apoiarnos. Non faltamos nunca e fomos a voz da coherencia, do diálogo e da loita polos dereitos das persoas máis precarias desta administración: as persoas temporais.
“Estamos aquí para mudar cousas, para mellorar as situacións laborais e ofrecer á cidadanía un mellor servizo, porque ao final diso vai esta administración.”
Durante estes catro anos en todas as mesas fomos o sindicato da alegría, do optimismo, da confianza no poder da unión das persoas, das teimudas, das que cren no imposible, das sinceras, … Non nos rendemos nunca. E así queremos seguir.
Este 29 de xuño volvemos concorrer ás eleccións sindicais presentando candidatura nos 3 colexios:
Porque se conseguimos representación nos 3 colexios poderemos incidir máis na política de persoal deste concello. Estamos aquí para mudar cousas, para mellorar as situacións laborais e ofrecer á cidadanía un mellor servizo, porque ao final diso vai esta administración.
Durante estes anos, ademais de axudar en todos os casos persoais que se nos presentaron, traballamos a prol da estabilización e consolidación, apoiando mesmo en solitario a convocatoria dunha folga. Propuxemos melloras nas axudas sociais e que sexan igualiterias para temporais e fixos. Apostamos por un Plan de Formación moito máis ambicioso con formación de calidade adaptada ás necesidades do persoal. Loitamos por unha modificación do Acordo regulador-Convenio que o recolla e tamén contemple unha xornada flexible. Solicitamos todos os anos unha ampliación da xornada de verán do 1 de xuño ao 30 de setembro.
Para os vindeiros 4 anos propomos melloras das condicións de todo o persoal:
– Eliminación do grupo AP, na actualidade unha administración como a nosa ten que adaptarse para mellorar as condicións das persoas que traballan nas escalas inferiores.
-Facilitar a promoción do grupo C2 a C1 e aumento de niveis para os grupos baixos sen posibilidade de promoción.
– Reclasificación en grupo B de todos os postos que requiran formación de grado superior.
– Fomentar novas contratacións para departamentos que se atopan con déficit de persoal para afrontar a carga de traballo á que se enfrontan.
– Incremento do número de prazas ofertadas por Promoción Interna, posto que se debe recoñecer o esforzo e preparación do persoal que traballa nesta administración, que realiza a diario funcións de superior categoría, polo que na maioría dos casos posúen a capacitación adecuada para desenvolver ditos traballos.
– Eliminación de todas as xornadas parciais reconvertendo de forma voluntaria os actuais contratos en xornadas completas para afrontar o déficit de persoal nalgúns servizos.
– Nin unha soa amortización de praza, cobertura inmediata de todas as prazas vacantes orzamentadas.
– Convocatoria de concursos de traslados sen amortizacións de prazas.
– Cobertura inmediata de todas as baixas por enfermidade, para non retrasar as tarefas e prazos e dar mellor servizo á cidadanía. E tamén para que o persoal poida desfrutar dos seus permisos regulados con normalidade.
– Reforzo do persoal, garantindo o servizo e desfrute dos dereitos laborais, días, permisos, vacacións, etc.
– Listas de agarda claras, transparente e accesibles para as persoas que se atopa nelas.
– Formación de calidade para todo o persoal, unha formación adaptada ás necesidades do persoal, onde se forme e oriente no uso das aplicacións informáticas que usamos no día a día. Con entrega de documentación para consulta da formación onde se reflexen os pasos máis importantes e que o persoal poida consultar en caso de necesidade.
– Impulsar o Comité de Seguridade e Saúde como lugar de denuncia de riscos laborais (Riscos Psicosociais, Riscos en todos os postos profesionais, etc.), e Informar aos traballadores/as das reunións deste comité.
– Como alternativa ao proceso de funcionarización, esiximos que todos os concursos e convocatorias internas se abran indistintamente a laborais e funcionarios.
Axúdanos a loitar polo mantemento dos servizos públicos municipais. Vota CUT!