Contra o racismo sanitario: insubmisión. A sanidade pública é unha conquista de todas e todos!Este luns 3 de setembro, as traballadoras e traballadores convocadas pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) concentraranse ás 20:00 horas, ás portas do centro médico Concepción Arenal en Compostela en defensa da atención e a cobertura sanitarias universais.A paciencia da clase traballadora ten un límite. E todas as liñas vermellas que fomos trazando foron atravesadas sen remordementos polos gobernos de ultradereita de Madrid ou Compostela. Fronte á visión neoliberal dos servizos públicos que pretende privatizar e excluír da atención sanitaria a amplos colectivos sociais, e sobre todo, que pretende restaurar un sistema de acceso aos servizos públicos baseado na segregación racial e as retóricas xenófobas, nós temos a obriga de lles recordar aos donos do mundo, aos expropiadores do noso País, que a sanidade pública, universal e gratuíta é unha conquista innegociábel de todas e todos nós.Non só imos desmontar esta podre narrativa da ultradereita gobernante, creada sobre un suposto “abuso dos recursos sanitarios” por parte de persoas desempregadas e poboación inmigrante, senón que temos por diante a tarefa de recuperar, na rúa, mediante a interposición dos nosos corpos solidarios, traballadoras e traballadoras, a soberanía do pobo traballador para decidir democraticamente o seu futuro.Temos que salvarnos nós mesmos e nós mesmas”, di a canción universal das traballadoras e traballadores, a Internacional. É por iso, que no camiño de lle esixir á Xunta de Galiza que rectifique a súa estratexia de electoralismo demagóxico respecto ao Decreto da Segregación Sanitaria, a CUT iniciará unha intensa campaña de mobilizacións para que as traballadoras e traballadores do servizo público de sanidade se declaren en insubmisión permanente á segregación racial. Só a nosa desobediencia activa, solidaria e coherente pode garantir hoxe a supervivencia e a vida da clase traballadora.Cando o racismo e a xenofobia son un feito, a insubmisión e a desobediencia civil son un dereito.