Luis Bar, exemplo de defensa honesta das e dos traballadores de Frivipesca Chapela

157

Desde a CUT transmitimos o noso apoio a Luis Bar, sindicalista de Frivipesca Chapela, delegado revogado tras unha manobra empresarial contra os intereses do conxunto de traballadoras e traballadores.

A bo seguro, o aspecto máis duro que conleva a senda sindical de clase, honesta e honrada, é atoparse no camiño coa ingratitude dos propios compañeiros e compañeiras.Hoxe a asamblea de traballadores de Frivispesca Chapela, déulle as costas ao compañeiro Luís Bar Pérez, delegado sindical da CUT. A empresa, por fin conseguiu o que tanto anhelou, revogalo como representante dos traballadores e traballadoras. Tiña que estirpar o cancro que tanto lle molestaba. Como non podería ser menos, toda escoria de esquirois e lambecús con ou sen apelido sindical, prestouse decididamente a semellante manobra.Calquera poidera pensar que se os compañeiros revogaron a Luis, a traxectoria sindical deste non sería tan exemplar. Pois se equivocan, a conducta de entrega deste traballador non é de hoxe, e ven avalada por máis de quince anos plantándolle cara á empresa. Sen embargo, o traballo de persuasión patronal tivo os seus resultados. A chantaxe do medo o final converteuse en traizón, a quen aínda non fai un ano, encabezou un Folga polo Convenio Colectivo, que a pesar de unha e mil maniobras patronais e de CCOO, arrancou melloras salariais para os traballadores e traballadoras.Pero este non é un feito illado. A dirección de Pescanova, fai cinco anos fixouse como obxectivo o de eliminar á presencia sindical da CUT no grupo. Fagamos memoria; primeiro forzou un traslado artificial de persoal de Chapela a Porriño, para aminorar o Comité de Empresa, logo modifica o cadro de persoal de técnicos e non cualificados. O obxectivo non era outro que o de arrebatarlle a Presidencia do Comité de Empresa á CUT, na factoría de Chapela.A convocatoria de Folga decidida en asamblea, fronte non só a patronal, senón a todo o arco sindical exceptuando á CIG, foi un desafío imperdonable. Ese é o pecado mortal máis salientable do noso sindicato. Defender honestamente os intereses dos e das traballadoras.Con moitos como Luís Bar, o tecido laboral e a realidade do movemento obreiro sería outra. En nome dos traballadores e traballadoras con dignidade, grazas querido compañeiro. A pelexa sindical en Pescanova continuará.