O Partido Popular aprobou a lei mordaza coa finalidade de transformar en delito todo intento, lexítimo, de defensa da clase traballadora ante os ataques do capital. O goberno “progresista” non só non derrogou esta lei coma prometeu, senón que a utiliza coa mesma finalidade que o PP.
O último exemplo son as traballadoras da Suiza que, no día de onte, ingresaron en prisión sen que ese goberno de “esquerdas” fixera nada por evitalo, por moito que dende o ministerio de traballo proclamen que teñen tradición sindicalista. A esta barbaridade debemos sumar as detencións dos traballadores folguistas non metal de Cádiz.
“A represión non para de aumentar nun claro intento de silenciar as contradicións de clase á que nos somete o sistema capitalista, tanto se o xestiona o PP como se o fai a farsante esquerda actual.”
A represión non para de aumentar nun claro intento de silenciar as contradicións de clase á que nos somete o sistema capitalista, tanto se o xestiona o PP como se o fai a farsante esquerda actual. As condicións da clase traballadora non deixan de empeorar, non só dende un punto de vista da relación capital-traballo, senón na mesma vida onde os salarios non chegan para a dignidade básica, pan e teito.
Temos a obriga de solidarizarnos cos compañeiros e compañeiras que nos amosan o camiño a seguir, é dicir, a confrontación de clase contundente, porque a violencia que exerce o capital contra nós só pode ter como resposta lexítima a nosa violencia.
A CUT solidarízase coas seis da Suiza e cos traballadores e traballadoras do metal en Cádiz. Reclamamos a nosa liberdade para contestar ás agresións ás que nos somete este sistema explotador e inhumano, e sinalamos aos xestores do capitalismo, os de antes e os de agora, coma culpables sen escusa algunha.












