A CUT, coa revolución bolivariana

137

Ante as novas que chegan de Venezuela relativas a un novo intento de golpe militar para derrocar ao goberno lexítimo de Nicolás Maduro, a CUT quere reafirmar a súa solidariedade co pobo venezolano e coa revolución bolivariana. Manifestamos a nosa radical oposición a este novo intento de golpe artellado pola comunidade internacional baixo o auspicio de Donald Trump e agardamos tamén que toda a esquerda española, que tanto dí enfrontar o fascismo e defender a lexitimidade do poder popular, se posicione claramente en contra deste inxerencia golpista.