CUT-CITROËN denuncia empeoramento condicións de traballo na empresa

81

A pesares da boa noticia do incremento produtivo que para os vindeiros meses vai a saturar as liñas da fabrica de Citroën en Vigo, temos que lamentar que este pasado Venres baixo o PLAN DE PRESENTISMO 2015, outro traballador que estaba de Incapacidade Laboral, con tres fillos o seu cargo e problemas de saúde por motivos psicolóxicos, foi despedido pola dirección da empresa sen a mais mínima humanidade.Outro contrato de 8 horas que se perde, e se suma os dous despedidos do pasado Venres 10 de Abril, e que segundo nos fixo constar na xuntanza de onte mantida co Comité onde informou das previsións produtivas, non vai ser o ultimo.Todos os sindicatos nas nosas notas coincidimos que as cargas de traballo, están detrás de moitas das enfermidades físicas que afectan á plantilla, e agora nunha alta porcentaxe, tamén psicolóxicas, polo que moitos traballadores/as están de Incapacidade Temporal como única alternativa que lles ofrece a empresa. A presión o que estamos sendo sometidos baixo a escusa da competitividade, incluso afecta o colectivo de técnicos e administrativos, onde ascende case o 3% o índice de absentismo, fronte o 6% que temos no taller de persoal horario de man de obra directa, que cando menos é relevante.Ante os despedimentos e sancións que se están a dar, así como contra as cargas de traballo e baixo ese paraugas da Competitividade que utiliza a empresa intencionadamente, a CUT primeiro en solitario, e despois a CUT e a C.I.G conxuntamente, instamos aos outros sindicatos de clase con presenza e sen presenza no Comité, a manter unha xuntanza de cara a facer una acción conxunta en sinal de respulsa polos despedimentos, contra as sancións que se están impoñendo, nun orde de case 2 por mes, e contra as cargas de traballo abusivas nos postos, así como pola ocultación de accidentes e enfermidades profesionais, que son na súa maioría a pesares de ser de orixe laboral, son desviados aos servizos públicos de saúde, para que sexan estes os que se fagan cargo. E que despois aproveitan para despedir, por ter no teu historial con moitas I.T, aínda que teñan que indemnizalos por despido improcedente, xa que lle compensa cunha nova contratación no mellor dos casos, dun traballador eventual que baixo as medidas aprobadas no PLAN DE COMPETITIVIDADE, cun contrato de 4 horas e a metade de salario, e a seguridade social subvencionada, no prazo inferior a un ano amortizan o indemnización do traballador despedido, gañan flexibilidade, e eliminan persoal con limitacións medicas.A dita xuntanza convocada, CC.OO e UGT non asistiron, e polo tanto non queren conxuntamente coa CUT e CIG, a a CGT que si apoia as iniciativas, facer unha acción conxunta na fabrica ou fora dela como medida de presión contra a actitude da dirección da emmpresa, onde demostra que ten moi pouca responsabilidade social, a pesares do premio recibido recentemente por ALARES. Para nós son as medidas de presión e redución de salarios, e de aplicación este ultimo PLAN DE PRESENTISMO que so afecta os traballadores/as de taller. E para eles os premios, os recoñecementos da administración, os aumentos salariais, como o dos directivos do grupo dun 76% neste ultimo ano.Co incremento produtivo, aumentan as xornadas de traballo que para moitos traballadores/as ca obrigatoriedade de traballar os sábados ou domingos, realizaran xornadas de 6 dias sobre 7, e polo tanto consideramos que unha boa noticia dito incremento, pero simultaneamente cos ritmos de traballo o que estamos sometidos os traballadores/as, vai a disparar o índice de absentismo pasado estes meses, e polo tanto desencadeara novos despedimentos arbitrarios.A CUT e a CIG co apoio da CGT, no día de hoxe e mañá, estamos a inciiar asembleas conxuntas por toda a fabrica, e por cada unha das quendas, para concienciar os traballadores/as que e o momento de parar esta sangría, e facer unha acción contra a mesma.En base o anterior, se lles esta a trasladar no día de hoxe e maña os traballadores/as, e que imos realizar unha Asemblea Xeral de Traballadores/as aberta sen siglas, para todos os colectivos da fabrica, este vindeiro Sabado día 25 de Abril no Museo do Verbum as 12 horas da mañá, onde previa consulta os traballadores/as asistentes, independentemente da súa filiación sindical, sentaremos as bases para adoptar medidas de presión contra a dirección da empresa, aproveitando a proximidade da visita de Carlos Tavares o Centro de Vigo prevista para o 5 de Maio, para estender incluso o conflito o sector do automóbil, ante as medidas do BACK IN THE RACE, onde tamén figura externalizar traballos das auxiliares a países veciños como Portugal, ou de baixo custe.
Adxuntamos no presente mail, os escrito que se reparten no día de hoxe, nas diferentes porterías de Citroën, e o que se lle fixo chegar neste caso a CC.OO e UGT, por se queriían sumarse a facer unha acción sindical conxunta.

Contacto: Vitor mariño+34 605 830 802