A CUT CHAMAMOS A APOIAR A NOSA CANDIDATURA

481

O pasado 29 de agosto as organizacións sindicais con representación en ensino rexistraron o inicio do proceso electoral que culminará nas votacións nos centros o día 1 de decembro.

APOIA PARA CHEGAR Á MESA DE NEGOCIACIÓN DOCENTE

A CUT vai presentarse por vez primeira para poder seguir traballando tanto dende as rúas como no ámbito da representatividade sindical. Para conseguir representación no ámbito de negociación da Consellería de Educación e defender tamén dende o espazo sindical representativo os intereses de todas as docentes, temos que encarar as próximas eleccións cun apoio amplo ás nosas candidaturas. Non nos conformamos con cubrir os candidatos necesarios, senón que queremos que as nosas listas sexan un grito de protesta colectivo ante a inacción sindical dos últimos 4 anos que levou ao nacemento deste espazo.

Chamamos a todos os simpatizantes e amigos a sumarse ás nosas listas en postos non comprometidos para que as compañeiras militantes activas da CUT poidan seguir co seu labor (non é necesario estar sindicado para sumarse como apoio). Unha lista con amplo respaldo docente é tamén unha maneira de reivindicar que outro sindicalismo é posible. Sen o teu apoio non é posible cambiar as cousas no ensino galego.

Escribe a cutensino@cutgaliza.org para sumarte a nós

SOLIDARIEDADE ECONÓMICA

Alén disto, para desenvolver a campaña electoral,  deseño, impresión de material, gastos de desprazamento, etc. as afiliadas fixemos unha achega extra para tal fin xa que un sindicato libre de ataduras e sen subvencións públicas precisa da solidariedade económica en momentos concretos. Lembrade que a CUT funciona coas achegas das persoas sindicadas e amigas mantendo así a nosa total independencia de fontes de financiación gubernamentais.

Por todo isto, se queres axudar na campaña electoral da CUT mediante a solidariedade económica, podes facer a túa doazón ao seguinte número de conta na medida que consideres:

ES63 2080 5079 8230 4001 6819

Concepto: DOAZÓN ENSINO

Beneficiario: Central Unitaria de Traballadoras

 

APOIO PERMANENTE E LOITA CONXUNTA

Se ademais queres ser parte desta familia combativa, defendendo os teus dereitos e os dos teus compañeiros dende un espazo vivo e diferente, súmate á CUT como sindicado para poder desenvolver a nosa actividade diaria. Só tes que cubir a ficha que atoparás na nosa web: www.cutgaliza.org e enviala cuberta ao noso correo cutensino@cutgaliza.org

ÚNETE A UN ENSINO CARGADO DE FUTURO