A Central Unitaria de Traballadoras fai un chamamento a participar na acción de protesta que organizamos para denunciar o xenocidio que está a perpetrar o Estado de Israel contra o pobo palestino. Un xenocidio que ten a complicidade dos EEUU e a UE, xa sexa por acción ou por omisión.
“As persoas de ben temos a obriga de facer algo máis que lamentar esta situación”
As persoas de ben temos a obriga de facer algo máis que lamentar esta situación, non caben equidistancias nin matices. Chamamos a participar na acción programada na etapa que finaliza en Mos, Pontevedra , no Castro de Erville.
Vémonos o martes 9 de setembro ás 12 h da mañá na seguinte ubicación:
https://goo.gl/maps/NkN9DKKVbXsfYD8D7?g_st=aw
Secretariado Executivo da CUT












