Este domingo, 26 de maio, a sociedade galega sairá ás rúas en Palas de Rei contra o proxecto de instalación dunha macrocelulosa da empresa Altri no corazón da comarca da Ulloa.
“A mobilización baixo o lema “Dende a Ulloa ata a Ría; terra, auga e aire son vida!” comezará o domingo ás 12 h no polígono industrial de Palas e acabará na Praza da feira desta localidade.”
A mobilización baixo o lema “Dende a Ulloa ata a Ría; terra, auga e aire son vida!” comezará o domingo ás 12 h no polígono industrial de Palas e acabará na Praza da feira desta localidade. Un percorrido a pé dun quilómetro e medio no que participará a veciñanza, grupos vivos dos diferentes concellos afectados e do ecosistema alimentario local, colectivos sociais do territorio, organizacións ecoloxistas, sindicatos e partidos políticos.
“A CUT súmase a esta marcha organizada pola “Plataforma Por unha Ulloa Viva” e chama a toda a afiliación e cidadanía a mobilizarse en contra do o enésimo gran ataque ao país na procura do beneficio capitalista.”
Ademáis diferentes asociacións, organizacións ou concellos poñen a disposición un servizo de bus con saída dende 16 puntos diferentes do país.
A CUT súmase a esta marcha organizada pola “Plataforma Por unha Ulloa Viva” e chama a toda a afiliación e cidadanía a mobilizarse en contra do o enésimo gran ataque ao país na procura do beneficio capitalista. Poremos a disposición un autobús con saída dende Cangas para acudir xuntas a berrar ben forte ALTRI NON!
Toda a información sobre o percorrido e localización podedes atopala nesta ligazón: https://www.facebook.com/ulloaviva/posts/pfbid038Jf4AWP2s3xMtgRAhTf8TdRUiXyPh1YYJSQosq9ps4gXNQnwDePfL6oGJd1tfqLvl
Máis información sobre o proxecto de Altri aquí: