A Central Unitaria de Traballadoras quere transmitir o seu agradecemento a cada unha das persoas que onte se mobilizaron en Compostela en defensa do pobo palestino. Unha mobilización masiva que anima a avanzar con paso firme.
O país ten sede dunha acción colectiva contundente para frear o xenocidio. Galiza quere apretar o freo de emerxencia da historia durante 24 horas para asegurar o illamento internacional de Israel e amosarlle ao pobo palestiniano que non está só, nin sequera fronte á aspiración imperialista da ocupación que agora se disfraza de falsa paz.
“A masiva mobilización de 80.000 persoas de onte confirmou a fame e a sede de paralo todo. E non con paros parciais. Por iso na data de hoxe, conscientes da función histórica que a clase obreira galega no seu conxunto está chamada a asumir, e asumindo que xa se trata dunha lección global, convidamos á dirección da CIG a dar un paso adiante coa convocatoria da Folga Xeral de 24 horas.”
Cando o sindicalismo alternativo que cada vez é máis (a CUT, a CGT, os sindicatos da Confederación Intersindical) promovemos a convocatoria da folga xeral foi sendo sabedoras da necesidade dun instrumento de cobertura para que a clase traballadora e a sociedade civil galega ocupase a rúa toda a xornada do 15 de outubro, deixándoo todo en suspenso. Nunha data que xa nunca máis será propiedade de ninguén.
A masiva mobilización de 80.000 persoas de onte confirmou a fame e a sede de paralo todo. E non con paros parciais. Por iso na data de hoxe, conscientes da función histórica que a clase obreira galega no seu conxunto está chamada a asumir, e asumindo que xa se trata dunha lección global, convidamos á dirección da CIG a dar un paso adiante coa convocatoria da Folga Xeral de 24 horas.
No contexto dunha folga que non é xa de ninguén, a CUT ofrece -se for preciso- a realización de todas aquelas modificacións da convocatoria rexistrada para a incorporación da CIG, co obxecto de programar co movemento de solidariedade mobilizacións masivas de continuidade dende a mañá ata a noite do 15 de outubro, para que Galiza sexa multitude como é multitude a resistencia global contra o crime.
O 15 de outubro todas á folga. Parar. Parar o xenocidio!





































































