No proceso electoral celebrado hoxe no Hotel Porta do Camiño na cidade de Santiago de Compostela, a CUT foi a forza máis votada no único colexio no que presentamos candidatura (especialistas). O noso sindicato quedou ás portas de acadar unha segunda delegada, a falta de tan só 1 voto.
O resultado foi o seguinte:
Colexio Especialista: CUT-12 votos, CCOO- 7 votos, CIG-5 votos.
Colexio Ténicos: CIG-12 votos, UGT- 3 votos
Reparto delegadas: CIG-3, CUT-1, CCOO-1. UGT non acadou representación.
O persoal do hotel respalda así o traballo feito durante todo este tempo e dá novos folgos para continuar na loita por dignificar as traballadoras de hostalería.
A compañeira Yessi será a nova delegada de persoal, xunto á delagada sindical á que temos dereito no centro. Facémoslle un recoñecemento moi especial á compañeira Carmen Pereira polo traballo e o compromiso diario durante todos estes anos de loita sindical.
A firmeza e a loita é o único camiño.