Durante os días 18 e 19 de setembro, celebrouse en Atenas, co sindicato PAME como anfitrión, a 8ª Conferencia Rexional Europea da FSM. O acto foi presidido por: Cleanthes Cleanthous, Coordinador da EUROF e no transcurso do mesmo interveu o Secretario Xeral da FSM, George Mavrikos.A CUT estivo presente a través do noso Secretario Xeral, Manolo Camaño, que realizou unha intervención en nome da nosa central sindical; avaliando desde o noso país, a necesidade da acción sindical sobre as crises do capital.O tema a debate foi a Crise Capitalista e a necesidade da resposta sindical de clase. No mesmo sentido adoptouse o acordo de coordinar diversas pautas de actuación entre os sindicatos asistentes á Conferencia.A este evento asistiron sindicatos de: Grecia, Chipre, Serbia, Bulgaria, Hungría, Austria, Chequia, Turquía, Bielorrusia, Galicia, Córsega, Italia, Illas Canarias, Euskadi e España.Adoptouse ademais a decisión de ampliar o Secretariado Europeo a Hungría e Italia.A vindeira Conferencia Rexional celebrarase no ano 2010 en Roma.