A CUT arrinca a súa campaña de concienciación contra o poder das mutuas

77

A Central Unitaria de Traballadoras arrincou a súa campaña informativa contra a medida do goberno de Rueda que dá poder ás mutuas sobre as altas médicas (Resolución do 20 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da modificación da Instrución do 1 de abril de 2019 pola que se establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguimento da incapacidade temporal polos/as inspectores/as médicos/as e subinspectores/as sanitarios/as, controladores da xestión da incapacidade temporal, das unidades de Inspección e Control de Saúde Laboral da Consellería de Sanidade).

oplus_136314912

Iniciamos o reparto nos centros de traballo de toda Galiza, acción que se suma á demanda xa anunciada ante o TSXG e que se complementará con accións tamén nos centros de saúde e hospitalarios.

A CUT advirte do especial impacto desta medida sobre as persoas máis vulnerábeis: persoas con doenzas crónicas, patoloxías musculoesqueléticas ou problemas de saúde mental, e especialmente traballadoras precarizadas, mulleres, persoal de coidados, limpeza, diferentes sectores da industria, transporte e comercio. Son os sectores que máis presión sofren para reincorporarse e os que máis padecerán as consecuencias das altas prematuras.