A CUT apoia a mobilización do domingo 19

105

Facemos un chamamento a secundar a mobilización nacional do domingo 19 de novembro. A loita pola recuperación dos dereitos que nos foron roubados sempre foi unha das nosas constantes. A loita pola volta ás horas e aos rateos anteriores aos recortes debe ser unha prioridade para calquera central sindical.

Este domingo vamos ser moitas na manifestación. Alí estaremos. Imos demostrar que non toleramos máis esta situación por nós e por todo o noso alumnado. Merecemos unhas condicións de traballo dignas e a nosa sociedade precisa un ensino de calidade.

A loita polas horas e os rateos é a punta de lanza, pero non debemos esquecer que tamén é preciso reivindicar outras moitas necesidades: recuperar o pago do verán para as substitutas, acabar co abuso das afíns, devolución das reducións horarias, etc.

Levamos moitos anos perdendo, é hora de gañar. Por ti e por todas, este domingo non faltes. Vémonos na:

Manifestación o domingo 19 de novembro en Santiago de Compostela ás 12:00 horas na Alameda.

A CUT sairá ás 11.30 do local de Compostela para apoiar a mobilización ás 12 na Alameda. Únete ao sindicalismo combativo!