A CUT apoia a folga xeral o 3 de xuño en Portugal

89

A CUT transmitiu á CGTP-IN o noso apoio e solidariedade á Folga Xeral prevista para o vindeiro mércores 3 de xuño en Portugal.

A convocatoria responde á iniciativa sindical clasista para parar as políticas antisociais do Goberno da ultradereita.

En Portugal, como en todo occidente capitalista, as propostas ultraliberais son as protagonistas das políticas do Goberno.

Os recortes e a precariedade son as propostas que protagonizan o Goberno de PSD/CDS/PP.

Dende Galicia vaia todo noso apoio e solidariedade coa clase obreira portuguesa.