Nas eleccións ao comité de empresa celebradas onte, a Central Unitaria de Traballadores/as aumentou a súa representación ata atinxir catro dos cinco representantes posibles.Este resultado certifica o bo traballo levado a cabo pola sección sindical da CUT na Universidade da Coruña (UDC) ao longo dos últimos catro anos nos que se converteu nunha referencia pola súa honestidade, honradez e combatividade na defensa dos dereitos dos traballadores.Nos catro años que veñen por diante, a sección da CUT na UDC afronta importantes retos como a defensa do colectivo dos PAS que o equipo reitoral pretenden extinguir, rematar o proceso de funcionarización, reclamar os preceptivos axustes salariais ou rematar coas oposicións pendentes.Desde a CUT parabenizamos aos compañeiros da Seccion Sindical da UDC polo seu traballo exemplar e forte compromiso na defensa dos traballadores/as que veñen de ser recoñecidos deste xeito pola plantilla.Esta información pódese ampliar aquí.
Adiante coa loita obreira!