A CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES DENUNCIA REPRESIÓN SINDICAL EN FESSGA

58

Unha traballadora da empresa concesionaria da vixilancia nas praias coruñesas FESSGA vén de ser despedida, segundo consta na carta de despido “por facer declaracións públicas” sobre as condicións de traballo nesta empresa que puñan en perigo a propia saúde pública, segundo o comunicado feito público pola CUT a semana pasada.Con esta medida FESSGA pon de manifesto, en primeiro lugar, a súa conculcación flagrante do dereito á liberdade de expresión, un dereito inalienable recoñecido na propia Constitución Española, coa vontade de ocultar á luz pública as graves deficiencias no equipamento do seu persoal laboral, como viña de denunciar a CUT no seu comunicado.En segundo lugar, FESSGA pretende, deste xeito, intimidar os seus traballadores transmitíndolles a mensaxe de que calquera acción en defensa dos seus dereitos será duramente perseguida e penalizada pola empresa.A CUT quere denunciar publicamente estes feitos e anunciar o comezo dunha campaña de loita sindical até acadar o fin da restitución da traballadora despedida no seu posto de traballo como lexitimamente lle corresponde.