A automoción mobilizouse polo seu futuro

84

Duascentas persoas participaban na mobilización organizada polo Sector da Automoción en Vigo, nun berro organizado e sen siglas a favor do futuro dunha comarca castigada pola patronal do sector, consciente da importancia chave deste tanto na cidade de Vigo como nos concellos dos arredores. Baixo a pemanente ameaza da deslocalización a patronal quere disciplinar a man de obra do automóbil e derruír as condicións de traballo que décadas de loita obreira foron deseñando.

O compañeiro Vítor Mariño, un dos organizadores da iniciativa, denunciaba “o problemas xeral do sector do automóbil que camiña cara a un futuro de perda constante de emprego e carga de traballo” e advertía que o xa famoso vehículo K9, cuxa produción en Vigo están a converter nunha moeda de cambio, “deviu nunha chantaxe que se está a trasladar de Citroën ás empresas auxiliares”.
“Baixo a escusa de reducir os custes para adquirir a K9 seguen a pedir recortes nos convenios que se negocian en todas as auxiliares do sector. Non podemos ficar en silencio mentres o sector desaparece como xa antes, poderes públicos e clase traballadora nos mantivemos calados coa desaparación do naval”, aseguraba o manifesto que convocou na Praza dos Cabalos a estas traballadoras e traballadores.