A CUT envioulle ao sindicato irmán USB de Italia o seu apoio e solidariedade coa folga convocada hoxe no sector da sanidade.
Desde a Central Unitaria de Traballadoras (CUT) de Galiza queremos transmitir á USB a nosa máis firme solidariedade e apoio á convocatoria de folga no sector da sanidade en Italia.
Somos conscientes de que hoxe é unha prioridade para o sindicalismo de clase a defensa a ultranza de que a sanidade e todo o que supón a calidade de vida das persoas ten que ser exclusivamente integrado nun Sistema Público.
A crise sanitaria que golpea a maioría do mundo e golpeou con especial crueldade as persoas en Italia e aquí, no Estado español, puxo ao descuberto a xestión criminal dos gobernos que priorizan os intereses e mandatos das elites capitalistas.
Reiteramos a nosa solidariedade coa vosa loita, desexando que a xornda de folga de mañá signifique un paso adiante para os e as traballadoras da sanidade e para o conxunto da clase obreira italiana.
Galiza, 1 de xullo de 2020
Manuel Camaño
Secretario de RR. Internacionais da CUT