QUE ACTIVIDADES PARAN A PARTIR DAS 00:00 HORAS DE HOXE?
CUT Galiza. 30/03/2020
Acaba de publicarse no BOE a listaxe definitiva das actividades esenciais e a paralización das non esenciais ata o 9 de abril.
Excepcionalmente naqueles casos nos que resulte imposible interromper de modo inmediato a actividade as empresas poderán prestar servizos o luns 30 de marzo de 2020, co único propósito de levar a cabo as tarefas imprescindibles para poder facer efectivo o permiso retribuído recuperable sen prexudicar de maneira irremediable ou desproporcionada a continuación da actividade empresarial.
- QUE ACTIVIDADES SON CONSIDERADAS COMO ESENCIAIS? Quen curra dende hoxe ata o 9 de abril?
- Os que xa foron declarados servizos esenciais anteriormente (establecementos polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos hixiénicos e produtos e bens de primeira necesidade; os establecementos farmacéuticos e sanitarios; os centros ou clínicas veterinarias e de alimentos de animais de compañía; as ópticas e produtos ortopédicos; os kioskos de prensa e papelería; as estacións de combustible para a automoción; os estancos; o comercio por internet e telefónico; a correspondencia; as tinturerías e lavandarías; a entrega de comida a domicilio, tránsito aduaneiro en portos e aeroportos) e os operadores/as críticos de servizos esenciais.
- Actividades que participan na cadea de abastecemento do mercado e no funcionamento dos servizos dos centros de produción de bens e servizos de primeira necesidade, incluíndo alimentos, bebidas, alimentación animal, produtos hixiénicos, medicamentos, produtos sanitarios ou calquera produto necesario para a protección da saúde, permitindo a distribución dos mesmos desde a orixe ata o destino final.
- Actividades de hostalería e restauración que prestan servizos de entrega a domicilio.
- Cadea de produción e distribución de bens, servizos, tecnoloxía sanitaria, material médico, equipos de protección, equipamento sanitario e hospitalario e calquera outros materiais necesarios para a prestación de servizos sanitarios. Mantemento das actividades produtivas da industria manufactureira que ofrecen as subministracións, equipos e materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades esenciais.
- As que realizan servizos de transporte, tanto de persoas como de mercadorías, que se continúen desenvolvendo desde a declaración do estado de alarma.
- As que prestan servizos en Institucións Penais, de protección civil, salvamento marítimo, salvamento e prevención e extinción de incendios, seguridade das minas, e de tráfico e seguridade viaria. Empresas de seguridade privada que prestan servizos de transporte de seguridade, de resposta ante alarmas, de rolda ou vixilancia descontinua.
- Apoio ao mantemento do material e equipos das forzas armadas.
- Centros, servizos e establecementos sanitarios. Atención a maiores, menores, persoas dependentes ou persoas con discapacidade, e a persoas que traballen en I+D+i vinculado ao COVID-19.
- Servizos funerarios.
- Centros, servizos e establecementos de atención sanitaria a animais.
- Puntos de venda de prensa e en medios de comunicación, así como na súa impresión ou distribución.
- Empresas de servizos financeiros, bancos e de seguros para servizos indispensábeis.
- Empresas de telecomunicacións e audiovisuais e de servizos informáticos esenciais, así como aquelas redes e instalacións que os soportan e os sectores ou subsectores necesarios para o seu correcto funcionamento, especialmente aqueles que resulten imprescindibles para a adecuada prestación dos servizos públicos, así como o funcionamento do traballo non presencial dos empregados públicos.
- Servizos relacionados coa protección e atención de vítimas de violencia de xénero
- Avogados/as, procuradores/as (…) e psicólogas dentro dos servizos mínimos de Xustiza.
- Despachos e asesorías legais, xestorías administrativas e de graduados sociais, e servizos alleos e propios de prevención de riscos laborais, en cuestións urxentes.
- Notarías.
- Servizos de limpeza, mantemento, reparación de avarías urxentes e vixilancia, residuos perigosos, residuos sólidos urbanos, tratamento de augas residuais, descontaminación e transportes conexos.
- Centros de Acollida a Refuxiados/as e nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes. Espazos de Protección Internacional e atención Humanitaria.
- Abastecemento, depuración, condución, potabilización e saneamento de auga.
- Servizos meteorolóxicos de predición e observación.
- Correos.
- Importación e subministración de material sanitario, como as empresas de loxística, transporte, almacenaxe, tránsito aduaneiro ( transitarios) e, en xeral, todas aquelas que participan nos corredores sanitarios.
- Distribución e entrega de produtos adquiridos no comercio por internet, telefónico ou correspondencia.
- Calquera outras que presten servizos que fosen considerados esenciais.
__________________________________________________
COMO FUNCIONA O PERMISO DAS TRABALLADORAS QUE DEBEMOS QUEDAR NA CASA?
- As traballadoras e traballadores de actividades non esenciais quedarán na casa dende mañá ata o 9 de abril.
- Será a empresa quen abone os salarios destes días. Pero deberemos devolverlle á empresa os nosos días de corentena por peche. Unha vez máis do noso traballo de sol a sol recaerá o custe desta crise.
- Cando remate a alarma debemos negociar coa empresa como devolveremos estes días. Deben devolverse antes do 31 de decembro.
- Se te atopas teletraballando ou nun ERTE de suspensión o permiso non che afecta. A túa situación non cambia. Se a empresa te mandou para casa mentres tramita o ERTE tampouco. Se estás en IT tampouco.
- Se o teu ERTE é de redución de xornada tampouco deberas acudir mañá ao traballo nesa xornada.