Dende o día de hoxe a CRTVG fixo efectivos 93 despedimentos de compañeiros e compañeiras.Un proceso extraordinario de emprego e unha asignacion de códigos ás prazas, son as excusas utilizadas pola empresa pública para adelgazala plantilla de traballadores e traballadorasA sección sindical da CUT na CRTVG xa hai tempo que ben denunciando que a empresa escondía un ERE a través do proceso extraordinario de consolidación de emprego para cubrir 193 prazas. Malia que algúns onte parecían estar moi sorprendidos e indignados, despois de meses sen mover un dedo para loitar contra o que se nos viña encima, a Crtvg anunciou formalmente ante a representación sindical o cese dos 93 compañeiros/as con código Ope que non conseguiron praza nesta farsa-oposición. Todos eles serán liquidados con data 30 de xuño e por desgraza están xa a recibir as comunicacións correspondentes.A CUT na CRTVG quere amosar o total apoio aos compañeiros e compañeiras que o día 1 de Xullo xa non estarán traballando na empresa, e ainda sabendo que todo esforzo nunca é suficiente, estaremos loitando na defensa de todos e cada un dos postos de traballo. A loita continúa, e por desgraza serán de novo os xulgados os que terán moito que decir. Mentres tanto seguiremos traballando para que TODOS os compañeiros que hoxe pasan por un mal trago podan ter futuro dentro da Empresa.Ábresa unha nova etapa, e dende logo imos estar mais activos ca nunca. Goste ou non goste.Sección Sindical da CUT na CRTVG.