Pasou o 25N, pero temos moito por facer!
En decembro celebraremos unhas xornadas para avanzar na construción do noso propio Protocolo contra as Violencias Machistas, unha ferramenta pedagóxica, de análise e reflexión, cunha vontade práctica e facilitadora, coa que pretendemos orientar o antes posible a intervención das compañeiras e compañeiros do noso sindicato ante estas situacións.
Serán o venres 13 en Compostela pola mañá e en Vigo pola tarde, e o sábado 14 só de mañá en Compostela, e contaremos coa participación das compañeiras do LAB.