Na mañá de hoxe concentráronse nos corredores da CRTVG pola volta de oitenta traballadoras e traballadores nun chamado a defender a presenza de todas as centrais sindicais na Comisión Paritaria, contemplada no novo Convenio Colectivo do medio público.Nesta concentración, convocada en solitario e cun apoio abrumador de compañeiras e compañeiros do medio público, a compañeira Raquel Lema explicou a situación, dende o informe que as Consellarías emitiron sen competencia, á conducta clandestina e alevosa de empresa e sindicatos chegando a asinar un novo texto de Convenio Colectivo que contradicía o anterior, votado en referendo, de costas ao cadro de persoal e excluíndo explicitamente á CUT da Comisión Paritaria.Segundo Raquel Lema “os outros sindicatos chamaban á unidade sindical [en referencia os seus programas electorais] e ao día seguinte das eleccións crávannos un coitelo”. Asegurou que se van “emprender as accións legais pertinentes” para denunciar esta exclusión pactada entre empresa e sindicatos. A CUT leva tempo advertindo que esta non será a última estrataxema da empresa e dos sindicatos para condicionar o resultado das eleccións, que convertiron á CUT no sindicato maioritario da CRTVG.