8 de Marzo a CRTVG tamén para

190

O Comité Intercentros da CRTVG súmase á CONVOCATORIA DE FOLGA MOTIVADA POLO PARO INTERNACIONAL DE MULLERES convocado para mañá mércores 8 de marzo e chama a todas as traballadoras e traballadores dos medios públicos a secundar os paros parciais que se producirán nas seguintes franxas horarias:

de 12:00 a 14:00 horas

de 18:00 a 20:00 horas

de 21:00 a 23:00 horas

Na tarde, o Intercentros recoméndalle ao persoal ao que lle coincidan dúas franxas na súa quenda que escolla unha delas para parar.

Co ánimo de manter o espíritu das convocantes internacionais (paro convocado por mulleres para mulleres) o comité pediulle á empresa que permitise que aquelas compañeiras que recibisen a carta de servizos mínimos puidesen voluntariamente intercambiar esa convocatoria que impide realizar o paro cun compañeiro que voluntariamente se preste a substituíla no servizo mínimo.

Aquelas persoas que non poidan parar por estar en mínimos, poderán amosar o seu apoio a esta convocatoria participando nas CONCENTRACIÓNS que se convocarán NO CONTROL DE ACCESO á CRTVG ás 12:00, ás 18:00 e as 21:00 horas, aproveitando os seus 20 minutos de descanso. Lembrámoslle ao persoal que secunde o paro que haberá que deixar constancia do mesmo fichando nos tornos de saída, onde nos concentraremos para deixar claro que SE AS MULLERES PARAN, O MUNDO PARA.