6N: Convocatoria de mobilización das Marchas da Dignidade

72

As Marchas da Dignidade botaron a andar no outono do 2013 e amosaron o pasado 22 de marzo en Madrid que a unidade da clase obreira do estado español en loita polo seu dereito a unha vida digna, é revolucionaria. Pedimos Pan, Traballo e Teito para todos e todas nós, e o vindeiro 29 de novembro faremos sentir a nosa esixencia dunha vida digna no Obradoiro.Co fin de ir preparando o camiño e socializando a nosa loita, están convocadas para o día de hoxe sete manifestacións que percorrerán as principais rúas do noso país baixo un mesmo lema: pan, traballo e teito. O lugar e hora de cada manifestación é o seguinte:Vigo: 20h Praza de Fernando O Católico.Coruña: 20h Praza de Portugal.Ourense: 20h Pavillón de Deportes.Ferrol: 18:30h Monumento do 10 de marzo.Compostela: 20h Porta do Camiño.Lugo: 20h Ronda da Muralla.