e ti que vas facer?
Oito vehículos mais por quenda na M1. Algo tan sinxelo de escribir, e tan fodido de soportar para os/as traballadores/as. 1744 coches mais cada ano por traballador/a.
Que sinxelo foi para o representante da dirección transmitilo, sentado comodamente no seu despacho. Agora a pelota esta no tellado dos/as traballadores/as que imos sufrir un novo incremento nas cargas de traballo. Moitos/as de vos esperaredes que nós, os Sindicatos, solucionemos a “papeleta”.
“Para que están os sindicatos?”
“Se os sindicatos se unisen!. Non fan nada”
Tentamos a unidade en numerosas ocasións, pero de momento é imposible; ni tan sequera a hora de reclamar a re-apertura da portaría de Pereiro foi posible acadar un posicionamento conxunto. E falamos da unidade dos sindicatos de clase, o outro soamente se une coa dirección.
A función histórica dos Sindicatos, é a unión de traballadores/as na procura e defensa dos seus dereitos sociais e económicos fronte o empregador. A nosa forza ven do apoio que os/as traballadores/as dan as nosas propostas. Por desgraza para todos/as neste Centro, a forza maioritariamente a aportades o sindicato da empresa, ou o que é o mesmo a DIRECCIÓN. (Medo, tranquilidade,..) calquera argumento vale como escusa ou para autoconvencerse.
A CUT xamais escondeuse na maioría do SITC, para non facer nada. Nestes dous anos e medio de presenza no Comité, demos mostras dabondo da nosa intención de mudar as cousas.
Algúns viven cómodos na oposición, algúns viven cómodos sendo minoritarios, nós NON.
A CUT quere facervos dúas preguntas a modo de reflexión:
- Onde estabas ti cando a CUT convocou asembleas abertas, concentracións, manifestacións e folgas contra o recorte de dereitos?
- Ti crees que a dirección aumentaria a cadencia se respaldarades masivamente as mobilizacións que a CUT convocou?
FOLGA FAURECIA
A pasada semana foi convocada unha folga os días 10,11 e12 de Maio por horas en cada quenda (3h). Dos sindicatos con presenza no Comité, a minoría esta conformaba por CUT e C.I.G. Na negociación do Convenio que acaban de asinar, a Dirección non quixo falar da Saúde Laboral (cargas de traballo, enfermidades profesionais, etc.), grazas a que xá gozaba dunha maioría mais que suficiente para subscribir o Convenio, sen que as dúas organizacións sindicais se sumaran a súa sinatura. A pesares de estar asinado, e despois de varias accións de protesta en conxunto coma concentracións, asembleas, etc., e ante a falla de dialogo da Dirección para abordar ese punto, xurdiu a devandita convocatoria de folga esgotadas todas as vías..
Faurecia non esquezamos e un apéndice do grupo PSA, polo que ante a inminente convocatoria de folga, seguramente pilotado pola Dirección de PSA, comezou a estratexia seguida no pasado neste Centro. Un comunicado oficial a plantilla, advertido que era ilegal….que unha minoría quería impoñerse a maioría que había dado o visto bo o Convenio, etc…
A estratexia do medo neste Centro non funcionou, e ante a previsión que fixo a empresa de que a folga seria un éxito, chamou a CUT e C.I.G o día 9 para negociar. Despois de mais de 6 horas de xuntanza, entorno as 00:10h do día 10 subscribiron un acordo, para abordar de xeito serio as cargas de traballo, enfermidades profesionais, adaptacións, etc…
XUNTANZA COMITÉ vs EMPRESA 15 DE MAIO
- Nesta xuntanza a CUT foi a única que pediu que o incremento produtivo sexa tratado nunha mesa negociadora con todos/as os representantes dos/as traballadores/as, abordando temas como cargas de traballo, incremento de efectivos, etc… A empresa negase argumentando que é un tema a tratar na paritaria de tempos, onde ó van estudar … e curiosamente só teñen representación os sindicatos asinantes do convenio e integrantes desa paritaria (FSI, UGT, CCOO), a quen a empresa debe convencer. Despois viran as follas dos integrantes dicindo: “Solicitamos reforzos en los postos… Mayor disponibilidad de ANDON… No vamos a consentir… No vamos a permitir…, etc). O de sempre en definitiva.
- Avance Produtivo: S2- sábados 10,17,24. S1-sábados 10,17,24,1 Xullo. Domingos 11,18,25 pendente de confirmar o 2 xullo.
- Portaría de Pereiro: Solicitamos a reapertura da mesma, polos graves trastornos que esta a crear aos traballadores/as. A dirección transmite que non vai modificar a decisión tomada.
- Diversidade: Aproveitando que no comedor esta semana esta dedicado a diversidade cultural, onde na fabrica temos ata 17 nacionalidades presentes, co gallo do 17 de Maio Día das Letras Galegas, solicitámoslle que comece a adaptar parte da carteleria da planta, e comunicados o noso idioma. O único que escribe en galego e “Xunta de Galicia” no encabezado dos escritos cando solicita axudas publicas.
——————————————————————————————————————————— - Novo pau xudicial a PSA: a CUT ven de gañar outra demanda contra PSA, por pagarlle ao noso afiliado David por debaixo do que nos considerabamos debera ser o seu salario. Como sabedes David e afiliado da CUT, e a xustiza ben de declarar o seu despedimento nulo.
- Namentres a uns síguenos recortando dereitos, estes son os números do noso Presidente C. Tavares exercicio 2016: Fixo 1.300.000€. Variable 2.016.618€ + 130.000 accións da empresa por valor de 1.585.800€. Total de retribucións: 4.902.118€.