5 COMPROMISOS

92
Red 3D Number Five Isolated on white with shadows

O Martes 23 de febreiro as 22:47, recibimos un e-mail invitándonos o acto de sinatura co Director do Centro dos 5 compromisos de seguridade para este ano 2016. En resposta a súa invitación temos que comunicarlle, que imos declinar dita invitación polos seguintes motivos:

A Dirección nos entrega unha lista de compromisos impostos sen contar ca representación sindical da fabrica. Pero son compromisos que afectan directamente os/as traballadores/as.

Como xa lle temos dito en mais dunha ocasión, se realmente quere tomarse en serio a Saúde debe contar con tódolos actores implicados, e mais tendo en conta que os principais afectados das súas decisións somos nos, os obreiros e obreiras.

O obxectivo que pretenden acadar con estes compromisos son: “cero accidentes” e “cero enfermidades profesionais”. Obxectivos que sen dubida un ano mais van lograr grazas a política “da negación”. Non temos dubida que escondendo os accidentes e as enfermidades profesionais como ven sendo habitual no Centro, de novo lograran o resultado, pero non mellorara da saúde dos/as traballadores/as, e dos índices de absentismo que tanto lles preocupa a esa Dirección.

Na nosa opinión, deberían entender que despedir aos traballadores/as enfermos, non recoñecer os accidentes e as enfermidades profesionais, non adaptar os postos as persoas coma obriga a lei, manter os altos ritmos de traballo, longas xornadas semanais, e un longo etc, non é coidar a saúde dos/as traballadores.

Se nalgún momento deixan de empregar a SAÚDE coma argumento de propaganda, é realmente lles preocupa a saúde dos/as traballadores/as, contando para elaborar os 5 compromisos coa representación sindical, e coa CUT, non dubide que nos vai encontrar o seu carón, namentres sentimos ter que declinar novamente o seu convite. Ca dobre moralidade xa participan outros, non a CUT.