4º Marea Branca contra a privatización

81

O pulo pola sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade é unha constante no noso pobo. Malia que queda moito camiño por percorrer, no momento en que pensabamos que o valor que se lle dá ao público non é tal, unha mobilización de milleiros de persoas atroou Vigo para demostrar que sabemos estar no lugar no que temos que estar.Este domingo, nunha nova oportunidade para seguir defendendo nas rúas a nosa Sanidade, diversas demandas conflúen nunha marea branca contra a privatización. A CUT non só se suma a esta iniciativa senón que considera necesario colocar tamén nas rúas un berro forte contra a precarización das condicións laborais do persoal sanitario e non sanitario do noso Servizo nacional de Saúde.Na Praza do Obelisco da Coruña e na Praza do Toural de Compostela este domingo ás 12.30 horas imos deixar claro que somos perfectamente conscientes de que o público é servizo e o privado beneficio. Que non pasarán.