4ª quenda

222

Dende a CUT nos preguntamos: que condicións asinaron?

As presas por asinar documentos e contentar a empresa sen concretar materias de relevancia, sempre traen consecuencias para os/as traballadores/as deste Centro. Exemplo temos co de AXA, onde primeiro asinan e despois preguntan. No ERE-ERTE do 2016, co argumento de dar saída os veteranos, a empresa e parte dos sindicatos establecen as bases da creación da 4ª quenda sen concretar condicións económicas e sociais que agora van traendo por “fascículos”, como imposición e sen establecer negociación.

Para esta quenda dende que se sentaron as bases da súa creación, estanse establecendo condicións especiais “a baixa” das que actualmente estaban en vigor no Centro:

  • 4€/h brutos de complemento especial de fin de semana, no lugar dos 6,25€/h que van cobrar outros colectivos.
  • Para esta nova quenda modifican os descansos establecidos cunha nova distribución (10’-15’-10’ e 2’ o final da xornada) que suman 37’’ co tempo de bocadillo. A distribución de descansos nas quendas do día actualmente son de (8’-15’-7’-5’- e 2’ o final da xornada. Na derradeira parada antes do remate da xornada tralas protestas polas cargas de traballo do pasado ano, a Dirección comprometeuse a incrementar en 2’ a mesma, pasando dos 5’ aos 7’. E dicir un total de 39’ contando co tempo de bocadillo que o fin de semana non lle recoñecen recortándolle 2’ de descanso. Traballan por menos salario, e fabricaran mais coches.
  • A maiores temos que engadir, que no 2012 a Dirección e os sindicatos (SIT-UGT-CC.OO-CIG), asinaron un acordo que permite modificar os horarios dos descansos previstos en caso de avarias, etc… por necesidades de Empresa, que conleva para a mesma un beneficio de recuperación de produción, co compromiso que calquera parada que sexa desprazada, levaría implícito un descanso mínimo de 10’. Nesta nova configuración de paradas, a Empresa xa pretende sentar as bases para modificar descansos unilateralmente sen necesidade de poñer nada da súa parte. Claro exemplo temos nos Ferraxes, que o non ter penalización para a Empresa modifica os descansos cando lle peta, sendo obxecto de denuncia no Petit-Comité por parte de varios sindicatos, que agora neste caso esquecen denunciar. As presas de asinar traen traen estas consecuencias.
  • Como entender que se poden realizar xornadas de luns a venres por esta quenda e teñan 39’ de paradas, e o fin de semana tan so 37’’.
  • Con respecto o tempo de comida, a CUT oponse que sexan unicamente 45’ minutos. Como entender que durante a semana calquera persoa que decida realizar horas extras incluso desta quenda dispoña de 1h de comida, e o fin de semana de 45’.

A CUT fixo un estudo sobre o desprazamento medio dende a nave de Montaxe do Sistema1 ata a porta do comedor, co seguinte resultado:

Total tempo desprazamento: 9 minutos 15”. (Neste tempo establecese a retirada de guantes, gafas, etc… desprazamento aos WC cas necesidades fisiolóxicas e lavado de mans, desprazamento polas zoas habilitadas ata o comedor).

Distancia: 710 metros de desprazamento.

E dicir, case 10’ de ida, e 10’ de volta, restando tan so 25’ para de tempo para recollida de bandexa, utensilios e comida, paso por caixa a comer, regresando o posto de traballo a correr. Unha boa comida e dixestión ten beneficios (ENERXICOS, MENTAIS, POSIBILIDADE DE SUFRIR MENOS ENFERMIDADES, ESTRES, ETC).

Todas estas cuestións deberan terse en conta polo servizo de prevención, antes de permitir a Dirección deste Centro que incluso a comida teña que facerse como os coches no tempo establecido, e dicir: A CORRER.

A OIT (Organización Internacional do Traballo), recomenda como mínimo un 5% de tempo de xornada para necesidades fisiolóxicas. Recalcamos un mínimo dun 5%.

Esta Empresa moi dada a cumprir a lexislación ”a baixa”, ten que ter en conta que, as necesidades fisiolóxicas realizando bocadillo e comida no Centro, mudan, igual que o fai a fatiga. Non é igual unha xornada de 8h, que unha de 12h.

Dende a CUT consideramos necesario o incremento de tempo nas paradas e xa non imos entrar nunha xornada ordinaria de 8h que consideramos necesario cos altos ritmos actuais, pero deberan levar un incremento importante con xornadas de 12h.