3ª Reunión Comite ERE ERTE

79

A FESTA CONTINUA

A sala chea, o ambiente festivo, “por fin imos dar saída os veteranos” dicían algúns, “o traballo xa esta feito”contestaban outros, “a documentación e suficiente”, é a CUT expectante. Como era de esperar, cando falou o anfitrión rematouse a ledicia.

Ata esta reunión se falou, o mais ben, a Dirección nos fixo saber o que quería para a longa travesía ata o K9:destruír 400 postos de traballo para ser competitiva.

A Empresa di ter necesidades, pero os/as traballadores/as tamén!!!.

No 2014, precisou reducir o nosos salarios e condicións sociais para ser competitiva.

Hoxe nos falou do que precisa a partir do 2018, para seguir sendo competitiva:

  • Mais flexibilidade con só 15 días de vacacións en Agosto, a 3ª semana a sorteo nos meses de Xuño, Xullo, Agosto e Setembro.
  • Posibilidade de traballar Sábados e Domingos noite 12 horas + 1 para bocadillo e cea. Total= 13 horas dentro do Centro. Si ven especifican que se crearía unha quenda de fin de semana para este suposto, de manterse no tempo a previsión.