29 DE XUÑO, A CUT NA RÚA

63

A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) ven de convocar unha nova mobilización para o martes 29 de xuño en Vigo, a manifestación sairá do cruce da Doblada ás 20 horas. A data facémola coincidir coa Folga Xeral convocada en Euskadi, onde LAB e ELA acumularon forzas conseguindo que se sume CCOO. Dende a CUT solidarizámonos coa clase traballadora vasca e facémonos a pregunta de por que en Galicia non se opta polo camiño da iniciativa e a responsabilidade, na vez de facer seguidismo do que deciden os sindicatos en Madrid. É hora de dar un paso adiante ou recoñecer a falta de compromiso coa clase traballadora.Dende a CUT dicimos FOLGA XERAL, ANTES DO NADAL!!