1.- A evolución e xestión da criseNa CUT analizamos esta crise dende os seus inicios, a finais do ano 2007, coma unha crise de carácter sistémico. O modelo produtivo capitalista do século XXI, baseado no capital especulativo, levou ao estoupido que hoxe estamos a padecer. A xestión da crise quedou nas mans dos mesmos que crearon as condicións para que esta aparecera, é máis, as solucións aportadas polos politicos de turno foron fortalecer e lexitimar aos causantes da mesma crise, chámense organismos internacionais como FMI, Banco Mundial… ou a banca en xeral.Estamos xa no ano 2012 e o que albiscamos no horizonte é unha recesión sen tregua, recesión que imos pagar os traballadores e traballadoras. A única saída para este laberinto é cambiar o modelo produtivo neoliberal e se alguén pode facelo somos nós, a maioría social.2.- As súas mentirasO xestores do capitalismo, é dicir, os políticos, utilizan un discurso demagóxico no que pretenden culpabilizar á clase traballadora da situación que estamos a vivir. A finalidade non é outra que asumamos a responsabilidade da crise e polo tanto o pago da mesma. Mentres, os verdadeiros culpábeis seguen acumulando ganancias (aumentou o consumo de produtos de luxo, aumentaron as fortunas dos millonarios, aumentarons as ganancias das grandes multinacionais, aumentan os beneficios da banca…)
3.- Por que minten?Porque precisan manter o seu estatus, precisan seguir acumulando capital e para iso precisan convencernos de que as súas medidas contra nós son inevitábeis: recorte do gasto público, privatización da sanidade e da educación, reformas laborais, discriminación de xénero, man de obra escrava… Aproveitan o estado de shock no que nos atopamos (shock derivado da fin do soño capitalista para a clase traballadora e derivado do adormecemento interesado da ideoloxía coa complicidade da esquerda oficial) para impoñer un ritmo de reformas sen freo.4.- Que ocultan?Ocultan que o gasto social do Estado español é dos máis baixos da Unión Europea, ocultan que a débeda é baixa, ocultan que a función pública ten moitos menos empregados que calquera outra en países das condicións do español, ocultan que as grandes fortunas son das que menos tributan da Unión Europea, ocultan que as entidades bancarias evaden cartos nos paraísos fiscais, ocultan que o salario perdeu un 20% de poder adquisitivo nos últimos 10 anos, ocultan que a nosa subsistencia e consumo absurdo estivo sostido no crédito porque non tiñamos cartos, ocultan que a temporalidade laboral vai en aumento dende os anos oitenta, ocultan que o 50% da mocidade está no paro e o resto en traballos precarios; ocultan que as sucesivas reformas laborais só empeoraron as condicións laborais dos traballadores e traballadoras, cargaron as contas públicas en beneficio dos descontos á patronal e destruíron emprego. Minten e ocultan.5.- Por que debemos ir á folga? Preguntas e respostasO discurso dos diferentes gobernos, da cor e da administración que sexan, é monotemático: non é o momento de facer folgas, non van servir para nada, toca arrimar o hombreiro. Aproveitan o noso medo e o estado de shock antes mencionado para desmobilizarnos. Aqueles e aquelas que teñen dúbidas deixánse arrastrar polos que aproveitan calquera escusa para agocharse, e os compañeiros e compañeiras máis decididas atópanse na frustración. Este é o contexto psicolóxico ao que nos enfrontamos, pero é un contexto interesado que non responde á realidade.Debemos preguntarnos como se conseguiron os dereitos que agora estamos deixando escapar: foi facéndolle caso ao discurso dos gobernos, da patronal, dos esquirois… ou foi porque os nosos devanceiros pelexaron sen descanso ata conseguir os obxectivos? Debemos preguntarnos se estamos dispostos e dispostas a ser os responsábeis de que os nosos fillos, fillas, netos e netas sexan escravas co noso consentemento, sexan escravos porque nós non fixemos nada por evitalo. Debemos pregutarnos se a memoria dos que pelexaron por nós hai que tirala ao lixo.Debemos responder que hai que ir á FOLGA O DÍA 29 DE MARZO porque será o primeiro paso para cambiar o rumbo, o primeiro paso para que sexamos nós os e as que escribamos a historia. Se queremos ter educación e sanidade públicas, se queremos ter condicións de traballo dignas, se queremos esquecer a emigración, se queremos construír o noso futuro PODEMOS FACELO PORQUE OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS SOMOS A MAIORÍA, PORQUE NADA SE CONQUISTOU DENDE A CASA E NUNCA NADA NOS REGALARON.