28Out2017: cara ao noso 6º Congreso cargadas de ilusión e historia

170
Cargas na folga da flota conxeladora. Orixe lonxana da práctica sindical da CUT

Esta fin de semana un Secretariado Nacional monográfico vén de promover a celebración do noso VI Congreso Nacional para o 28 de outubro de 2017 na cidade de Vigo. Como regresando a aquelas nosas orixes, xa agora lonxanas, nas que a CUT se edificaba, hai 18 anos, sobre un substrato esencial de traballadores do mar e mulleres da conserva aportamos novamente sobre unha das cidades galegas máis labradas polo mar.

No Congreso someterase a debate o noso modelo político-sindical, e tentaremos darlle solución aos retos que a nosa miúda e humilde achega á construción do movemento obreiro nacional e combativo deposita en nós: a posta a punto dunha ferramenta da clase obreira non para a resistencia, senón para a vitoria.

Entre outras actividades estase a preparar un encontro de delegacións internacionais, cando é máis necesario do que nunca unha onda expansiva da solidariedade obreira internacionalista. Seguiremos a informar dun proceso que afrontamos cargadas coa mochila da nosa historia e con ilusión transformadora.