28 de novembro: 1º Encontro Sindicalismo e Movementos Sociais
O sábado 28 de novembro, a partires das 10 horas, celebrarase no Centro Cívico de Teis (Vigo) o 1º Encontro “Sindicalismo e Movementos Sociais”, coa intención de abordar a palabra e corpo aberto debates que as centrais sindicais transformadoras e os movementos sociais sempre sacrifican á ditadura do urxente, por moito que sabemos necesarios. Ao longo desta semana iremos confirmando as organizacións sociais e sindicais que participarán activamente da xornada, entre as que xa se atopan entidades como ACOUGA, PAH Vigo-Baixo Miño, Plataforma de Afectadxs pola Hepatite C, Niguéns ou APV, que lle van dando cor a un debate indespensable nos difíciles tempos nos que o edificio da unidade obreira e popular é tarefa imprescindible.