A SAUDE E COUSA DE TOD@S e de tódolos días
Como levamos denunciando o longo de este mes, as condicións de traballo impostas pola Dirección, están repercutindo na nosa saúde.
Fai dous anos a Dirección presentaba un plan encamiñado a reducir os altos índices de absentismo. A dirección dicía non entender coma cun rexuvenecemento da plantilla como o que se estaba producindo o absentismo seguía disparado. A menciña aplicada daquela foron o despido de varios compañeiros e compañeiras. Entre eles David.
Un Plan rexeitado pola CUT con concentracións, reparto de panfletos e difusión nos medios de comunicación.
A nulidade do despido de David, e a publicidade que posteriormente dende a CUT dimos a dita nulidade, fixo que a dirección deixase de aplicar a menciña do pau. Aló menos de momento. A sentenza recoñece a CUT coma un sindicato “cunha actividade especialmente intensa de protesta e confrontación coa empresa ”.
Nesa ocasión a mobilización deu os seus froitos: acadou a nulidade do despido de David e evitou novos despidos. Unicamente coa unidade e a mobilización poderemos mellorar as nosas condicións de traballo.
O resultado da convocatoria do venres 28 pode significar o inicio nun cambio de actitude por parte da Dirección.
Pola ergonomía, pola adaptación de postos, contra os ritmos de cadea, pola limpeza, contra a flexibilidade, contra a precariedade, contra a ocultación dos accidentes e enfermidades profesionais… POLA TUA SAUDE E O TEU FUTURO LABORAL
O 28 PARTICIPA, SUMATE
O 28 IMOS MUDAR AS COUSAS |
Este ano o 28 de abril ten que ser o día dos traballadores e traballadoras, non un acto publicitario da Dirección. Este venres temos a oportunidade de converter o día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, nunha xornada de xusta reivindicación. Este venres nunha manifestación e concentración, as traballadoras e os traballador@s temos a oportunidade de facernos escoitar. Temos a oportunidade de arrebatarlle a Dirección un día adicado a defensa da nosa saúde.
Unha mobilización sen siglas e sen bandeiras; na que @s protagonistas debemos ser, egoistamente, cada un de nós, porque a tod@s nos compete a nosa propia saúde. Nos vai a vida en elo. E o noso futuro como traballador@s, capaces de defender un posto de traballo, con dignidade .
Manifestación as 12:45 dende a Portería Principal