#25N: PATRIARCADO E CAPITAL, ALIANZA CRIMINAL

100

Banca, goberno e capital: maltratadores!As mulleres da CUT denunciamos a escalada de violencia sistémica que estamos a vivir e berramos que os desafiuzamentos, o empobrecemento e a exclusión son parte da ofensiva patriarcal.Recentemente, unha compañeira de STOP DESAFIUZAMENTOS sinalaba como un alto porcentaxe das persoas que demandan apoio ante o acoso bancario son mulleres, moitas delas con responsabilidades familiares e en situación de desemprego. Tampouco é raro que a violencia machista figure como un elemento mais entre a trama de problemáticas que conflúen nos casos de abusos hipotecarios.Amaia Egaña non computará entre as asasinadas neste 2012, mais o seu, como os outros suicidios inducidos polo terrorismo financeiro, é unha expresión mais de violencia machista, dos ataques dun sistema patriarcal, heterosexista e psicópata que nos está a roubar a vida e o futuro, non só as mulleres, senón ao conxunto da clase traballadora e aos sectores populares.Violencia da que son parte activa a banca, o goberno fascista do PP e o lobby ultracatólico que deseña cambios lexislativos ao seu antollo, co fin de facer retroceder os dereitos conquistados mediante a loita feminista.Dixemos moitas veces que o machismo mata, e neste 25 de novembro, as mulleres da CUT berramos que tamén os bancos e as políticas de recortes emprendidas por Rajoy e os seus secuaces, baixo o mandato da toda poderosa troika, tamén son maltratadores, tamén matan. E non nos referimos só ao morbo mediático da violencia explícita, senón a morte dos nosos dereitos sociais e laborais, dunha sexualidade libre e da orientación que nos pete, a decidir cando e cómo incluímos a maternidade no noso proxecto vital, a vivir con dignidade, seguridade, autonomía e liberdade. Pretenden aniquilar os nosos soños, a alegría, a rebeldía e o pracer… Por iso nos declaramos insumisas e berramos que a máis violencia machista, máis loita feminista! Facemos un chamado a toda a nosa afiliación a participar e darlle o toque combativo ás actividades e actos convocados polos colectivos feministas do país neste 25 de novembro, a denunciar o terrorismo financeiro e a alianza entre o patriarcado e capital.