Un ano máis este 25 de xullo pon de manifesto a necesidade dun sindicalismo alternativo, na defensa do común, da reinvindicación, do dereito a decidir e planificar colectivamente os dereitos da clase traballadora galega.
Unha alternativa sindical cos pés na terra que cuestione o sistema actual dominante e de resposta a maioría social do país.
Na defensa do público i en contra dos recortes sociais, da precariedade, do empobrecemento e o desmantelamento do benestar social, dos recursos públicos e dos sectores estratéxicos da Galiza.
Un sindicalismo asembleario e combativo para a clase traballadora, achegándose a posicións conxuntas facendo valer a forza do internacionalismo proletario como medio de loita contra as medidas impostas polo capital.
@ CUTCITROEN. Séguenos nas redes sociais:
Facebook: http://bit.ly/3e9WdOm
Twiter: https://bit.ly/3uWbbgG
Instagram: https://bit.ly/2O02Zvs
A información sempre
actualizada en APP CUT CITROEN