A Central Unitaria de Traballadores/as desenvolve a súa intervención sindical combinando a loita de clases e de liberación nacional de Galicia, enfrontándonos a globalización neoliberal desde a nosa realidade como país oprimido.O noso obxectivo estratéxico de Autodeterminación enmárcase na loita dos sindicatos das nacións sen estado, pola conquista de un marco propio de relacións laborais, de vertebración e desenvolvemento de espacios socioeconómicos autocentrados que respondan aos xustos intereses da clase traballadora do noso pobo.No marco do Estado, as expectativas de abrir unha segunda transición que dea saída ás aspiracións democráticas e de libre determinación dos pobos, foron unha vez máis negadas desde o poder condicionado por unha Constitución herdeira do franquismo, retomando a vía represiva e negando a participación democrática en pé de igualdade, como aconteceu nas derradeiras eleccións municipais.En canto ao marco autonómico, tampouco vemos vontade política real de levar adiante reformas socioeconómicas en beneficio da clase traballadora, co que se evidencian unha vez máis os límites do mesmo, así como a falla de capacidade xestora que permita avances nos eidos económicos, culturais e políticos.Neste contexto, a procura de métodos de resistencia, de loita e de vías alternativas para avanzar, deben estar no centro das preocupacións e debate dos traballadores e traballadoras considerando necesaria a unidade de acción contra a explotación e opresión que sufre o Pobo Galego.O vindeiro 25 de Xullo, Día da Patria Galega, a CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS (CUT), na súa dinámica de acción sindical sociopolítica en defensa dos intereses de clase, e de avanzar na perspectiva de unha Galicia Soberana e de Esquerdas, acudirá a Santiago de Compostela con estes plantexamentos. Executiva NacionalGalicia, 19 de Xullo de 2007