O Día da Patria Galega está de novo ás portas, e desta vez é máis necesario que nunca mostrarlle ao Estado español e ao conxunto de falacias históricas que o manteñen en pé, que Galicia é un pobo con identidade de seu, con conciencia de clase e nacional. O último ano estivo caracterizado pola contundencia das medidas represivas dirixidas polo imperialismo español, medidas que non tiñan e teñen outra intención que amedentrar á clase traballadora para así facilitarlles o camiño na imposición das receitas do sistema capitalista. É moi importante pois, saír á rúa o día 25 de xullo, secundar as manifestacións e actividades programadas para reivindicar que somos, que existimos por riba da doutrina do imperialismo español e da fase globalizadora do capital. Dende a CUT facemos un chamamento para que a nosa afiliación secunde estas manifestacíons. O Día da Patria todos e todas a Compostela!!