#24OImos! Para recuperarmos o sorriso

56

Para sementarmos a alegría. Mais non a alegría do individuo illado, das mulleres e dos homes por si sós. Para traballarmos con todas as mans nunha alegría colectiva, ampla, aberta, firme. Fronte ás satisfaccións perecedeiras, a loita é o único espazo posible para a felicidade. Non exenta de asperezas, de dúbidas, dun furacán de emocións e sentires, a autoorganización dos e das condenadas da terra pola súa propia liberdade semella urxente, e tamén necesaria. Defender e exercer a dignidade, desenvolvernos en plenitude. Por iso, porque queremos recuperar o sorriso, o 24 de outubro volve a Unidade Popular. O #24OImos! #Obradoiro24O