#24OImos! Para que @ fill@ d@s obreir@s poidan estudar!

107

A batalla da educación universal, gratuíta, nacional, científica, laica é unha das principais batallas das camadas máis novas do movemento obreiro. Só unha educación nestes parámetros permite un ensino dirixido ao pobo e para o pobo e a fin dun modelo depredador, pagado polas e polos pobres para que os ricos estuden. Unha das consignas de maior beleza da historia do movemento popular é aquela que di “obreir@s e estudantes, unid@s e adiante”. A indubidable forza que nos dá a unidade dos diferentes sectores da sociedade en loita é un dos piares da Unidade Popular que se constrúe dende as Marchas da Dignidade. Por iso non podemos esquecer o fundamental dereito do pobo traballador á educación. Para que @s fill@s d@s obreir@s poidan estudar o #24OImos! #Obradoiro24O