#24OImos! Para derrubar esta prisión

59

Para derrubar esta prisión. A Unidade Popular volve ao Obradoiro porque nos resulta imposible crer en mulleres e homes liberadas sen os seus pobos seren libres. Porque o #díadetodos é o día deles. Dos de sempre. Dos que se satisfán creando prisións para as linguas, para os corpos, para as traballadores e traballadores, para o pensamento. Dos que ao longo da xornada de hoxe farán o exercicio obsceno de abandeirar a mentira histórica, económica, política ou cultural para celebrar a súa feira nacional. Porque nos negamos a mastigar rodas de muíño. Porque cremos que a autodeterminación, a decesión sobre o propio futuro, é unha facultade inderogable dos pobos, comunidades maduras. Porque nós mesmas e nós mesmos cremos que Galiza ten que exercer este dereito de maneira plena sen pedir permiso, sen pedir perdón. #O24OImos.