21M, conxuntura política e nova concertación

77

O éxito innegable do 21-MO 21-M volveu a demostrar a fortaleza do movemento das MMdD. A pesares dos atrancos e dos equívocos, as arriadas obreiras e populares procedentes dos pobos do estado español, volveron a anegar Madrid de rebeldía. Máis alá do carácter masivo da mobilización do pasado sábado, cabería facer unha cantas reflexións que ó entender da CUT transcenden á lectura máis ou menos positiva, supeditando esta á comparativa da mobilización do pasado ano.
A pesares de que desde o mes de decembro as MMdD, tiñan aprobada unha folla de ruta para o presente ano, á hora do seu cumplimento houbo seus máis e seus menos. A ninguén se lle escapa que unha parte importante deste movemento son organizacións políticas, que desde un discurso común e desde unha diagnoses común, á hora da posta en común na práctica, seguen escorando a súa visión á partitura deseñada polo Réxime, supeditando a estratexia de mobilización á axenda electoral. Tanto é así que é un fenómeno constatado en todo o estado, a pesares que as elecións só tiveron lugar en Andalucía.Desde a CUT temos moi claro que a participación electoral en todos os ámbitos é unha necesidade que a esquerda política debe de encarar con todas as consecuencias. Pero tamén dicimos en base a experiencia histórica no Mundo e no propio estado, que afrontar os procesos electorais renunciando á mobilización sostida no tempo é simplemente un suicidio. Ou temos claro que a perspectiva nas institucións (tamén nos concellos) ten que ser a transformación social e a quebra democrática, ou o final estaremos xestionando as migallas permitidas polo sistema.O Capitalismo nesta fase histórica so dará marcha atrás se o obrigamos mediante un proceso de acumulación de forzas, porque vonluntariamente xamais o fará polo seu propio pé. A mobilización social cumpre o seu papel múltiple; a visualización na rúa da vontade subvertidora dos sectores golpeados polo sistema, como factor xerador de inercias que provoquen esa imprescindible catarses na conciencia social e finalmente como panca para ilusionar ó conxunto da clase obreira e os sectores populares, para desaloxar ós partidos do réxime das institucións. Aí radica a importancia da mobilización. Non hai posibilidade de empodeiramento do pobo nin de quebra democrática sen a mobilización.O escenario políticoDespois do dito, a ninguén se lle escapa que o ano 2015 estará marcado polo calendario electoral. As eleccións celebradas onte en Andalucía ten varias lecturas. A primeira é ben evidente e reflicte un novo duro golpe para o PP de Rajoi, claro que si. A segunda o mantemento do mandato electoral crónico do outro polo sistémico, o PSOE, que a pesar da súa corrupción institucional xernealizada é capaz de manterse no poder. A terceira variable ten que ver coa capacidade electoral do espectro da esquerda, que aínda tendo un medre significativo, non é capaz de abanear de maneira determinante o mapa electoral. E a última e moi preocupante, a aparición exitosa da dereita con máscara civilizada que representa Ciudadanos.Levámolo dito moitas veces, as condicións obxectivas existen. O nivel de contradición da loita de clases acadou límites excepcionais, pero é responsabilidade da esquerda política, sindical e social de todo o estado xestionar con intelixencia o escenario político actual, tamén no plano electoral. A oportunidade non é perenne, as condicións históricas poden mudar e o sistema se lle damos tempo e a oportunidade pode restableceserse das horas baixas. Un bo exemplo é a promoción sutil de Ciudadanos, unha oferta electoral que ven a desbancar a UpyD, que co seu exceso de ideoloxía fascista, xa non resulta útil como opción de recambio. En definitiva, o sistema está en horas baixas pero ten recursos e ferramentas suficientes para saír airoso e remontar a súa crises.A esquerda sindical, as organizacións políticas, as sociais tanto no escenario nacional como no estatal temos unha gran responsabilidade. Dependerá de nós en gran medida, da nosa capacidade, da nosa intelixencia a hora de enfiar o proceso de acumulación de forzas que faga posible ese cambio de ciclo, que está aí, pero non como designio preconcibido senón como expresión da loita de clases.Novo capítulo da concertaciónHoxe luns, pasada a mobilización das MMdD as corporacións sindicais vólvense a sentar con mesa e mantel coa patronal de Cepyme e CEOE. Enriba da mesa está o acordo ou pacto salarial para o periodo 2015-2017. Os sindiactos CCOO e UGT lonxe de plantexamentos propios de defensa dos intereses da clase traballadora, vólvense axeonllar diante da barbarie patronal, porque o seu fin último é a antítese do que defendemos nas MMdD.É sabido que a concertación terá dúas fases, a primeira da escenificación dun pretendido desacordo, e unha segunda consistente en reeditar o bochorno dos pactos anteriores. Agora vinculando a suba salarial á previsión do incremento do PIB tal como impuxo a patronal e non ó incremento do IPC.En definitiva, dunha parte a longa marcha dos pobos do estado español e d@s traballadores con conciencia de clase representados e unidos nas MMdD, reivindicando Pan, Traballo e Teito e pola outra as corporacións sindicais do Réxime xestionando a fame e a miseria. No medio unha conxuntura política, que se non atinamos na combinación do afortalamento da unidade obreira e popular tomando a rúa, vai facer moi difícil o cambio político nas institucións, o exemplo está ben fresquiño en Andalucía.Nesta ligazón podes acceder a unha entrevista ao secretario xeral da CUT, Manolo Camaño, en Rebelión.Nestoutra ligazón podes acceder a un vídeo da Columna Galega das Marchas da Dignidade en Madrid o pasado 21M.