21 de xuño: Rodea o Parlamento

81

As Marchas da Dignidade fan un chamamento á clase traballadora galega para que manifeste nas rúas de Compostela, o vindeiro 21 de xuño, a súa oposición masiva ás políticas antiobreiras e regresivas do goberno do PP.O pasado 22 de marzo, as Marchas da Dignidade amosaron na capital do estado español que é posible artellar un movemento amplo, tecido desde abaixo, para facer fronte ás políticas ditadas polos lacaios do Capital, quer en Bruxelas, quer en Madrid, quer en Compostela.Como todos puidemos comprobar nesa xornada, a mobilización masiva e unitaria da clase obreira en defensa dun futuro digno, foi contestada polos monicreques da oligarquía española con medios impropios dun estado que se reclama de dereito: infiltración policial, provocacións, intoxicación informativa organizada, falsas acusacións lanzadas desde a gobernación civil,… Esta reacción histérica dos lacaios da oligarquía española demostrou que as Marchas da Dignidade constitúen, no actual contexto de disolución do réxime borbónico emanado do 78, unha ferramenta esencial para provocar a mudanza necesaria no actual estado de cousas.Por esta razón, a CUT adhire a convocatoria das Marchas da Dignidade para o vindeiro 21 de xuño en Compostela baixo a lenda: PAN, TRABALLO E TEITO, e fai un chamamento á totalidade da clase traballadora galega para que manifeste ese día en Compostela a súa oposición total e masiva ás políticas da Troika, do goberno español e da súa sucursal galega.O manifesto desta convocatoria pódese descargar aquí.
PAN, TRABALLO E TEITO!!!