Traballadoras de Froiz reclaman que o bo trato non sexa “cousa de pandemias”

438

A CUT en Froiz pide que se manteñan as súas quendas de traballo continuadas, introducidas durante o estado de alarma nun sector no que as xornadas partidas se cronifican. As compañeiras e compañeiros que estiveron á fronte dos servizos esenciais de alimentación e hixiene buscan melloras laborais, no lugar de aplausos dende o balcón.

A precariedade no sector da hixiene e da alimentación ten nome de xornada partida. Na situación derivada da COVID-19 cadeas de supermercados como FROIZ S.A. foron considerados servizos imprescindíbeis, e as súas traballadoras e traballadores expuxeron os seus corpos ao contaxio, asumindo o seu inveitábel rol nese momento.

Durante o Estado de Alarma adoptáronse pola Dirección da empresa diversas medidas que, dirixidas á evitación de maiores riscos de contaxio e á compensación do esforzo do cadro de persoal, introducíndose con éxito as xornadas continuadas en favor da vida persoal, familiar e laboral das traballadoras.

En desescalada a CUT solicita o mantemento desa medida que xa se veu demostrar viábel, útil e beneficiosa para todas as partes. Porque o bo trato laboral non pode ser un slogan de pandemia. E porque a entrega das nosas compañeiras e compañeiros debe ser paga con melloras, non con aplausos e vítores dende os balcóns.